Novas

20 de Junio de 2023

O lateral de As Pontes non continuará na U.D. Somozas a próxima tempada

Logo de tres tempadas, chegou o momento. Marcha o capitán.


Procedente do C.D. As Pontes, na tempada 20/21 chegou Álex ao Manuel Candocia para converterse de seguido nunha peza máis que importante na maioria dos partidos; non en van ten un dos maiores rexistros de minutos disputados con nós nestes tres anos que vestiu a verde e branca, case todos eles coma titular.

A marca quedou nun total de 7.433 minutos en 85 encontros, os 30 da tempada que vimos de rematar disputados ao completo dende o minutos 1 ata o 90.

Só nos queda darlle as grazas de parte de todos e cada un dos que formamos este club, pola súa entrega, o seu traballo, e o orgullo co que portou a cinta de capitán.

 

Os nosos mellores desexos para o futuro, Capitán.

 

O Manuel Candocia sempre terá as portas abertas para ti.

 

 

                                                                              En As Somozas a 20 de Xuño de 2.023


Novas Relacionadas

Patrocinador Unión Deportiva Somozas: Construcciones Guerreiro Somozas
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: SOGARISA UTE PMA CONTECO SERVICIOS AMBIENTALES
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: CONCELLO AS SOMOZAS
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Unión Deportiva Somozas

Aviso legal | Mapa web

Aviso legal | Mapa web

Politica de privacidade

Contacto

Usamos cookies propias e de terceiros para elaborar información estatística e mostrarlle publicidade personalizada mediante a análise da súa navegación, de acordo co nosa política de cookies. O usuario ten a posibilidade de Configurar cookies.

Aceptar todas