Luís Díaz continúa con nós a próxima tempada
A dirección deportiva vén de confirmar a continuidade de Luis Díaz, logo de pecharse o acordo entre as partes.
Confirmamos así a continuidade dun dos puntais do noso mediocampo.
"Lucho" asinou a pasada campaña máis de 2.200 minutos e 27 encontros, todos os que estivo dispoñible.
Agradecendo o seu compromiso, agardamos que sexa unha tempada frutífera para el e tamén para nós.
En As Somozas a 27 de Xuño de 2.023

