Mikel non non continuará na U.D Somozas a próxima tempada
O lateral vasco non continuará pertencendo á nosa entidade o próximo curso.
Logo de disputar 4 encontros, 3 deles coma titular, e anotar 1 gol, os nosos camiños sepáranse.
Amosando o noso agradecemento polo esforzo que fixo, chegando ao club nun momento de necesidade para axudar, facendo gala dunha profesionalidade absoluta, só podemos desexarlle o mellor no seu futuro persoal e profesional.
En As Somozas a 07 de Xullo de 2.023