Antón Quindimil é novo xogador da Unión Deportiva Somozas para a próxima tempada.
A dirección deportiva vén de confirmar a incorporación de Antón Quindimil ao noso plantel de cara á proxima tempada, logo de pecharse o acordo entre as partes para quedaren vencelladas.
O defensor central de Abegondo, volta ao Manuel Candocia logo de estar con nós na 18/19, e pasar equipos como o C.D. Lugo, chegando a xogar no primeiro equipo coma no filial. Pasou tamén polo C.D. Tenerife B e polo Bergantiños C.F., do que chega procedente, tendo disputado 28 partidos e máis de 2.000 minutos.
Agradecendo a súa confianza no noso proxecto, agardamos que sexa unha tempada frutífera para el e tamén para nós.
En As Somozas a 17 de Xullo de 2.023