Álvaro Rey reforzará o noso plantel ata final de tempada
A dirección deportiva vén de confirmar a incorporación de Álvaro Rey Mira para reforzar o noso plantel ata final de tempada, logo de pecharse o acordo entre as partes para quedaren vencelladas.
O xogador de Pontedeume, de 26 anos, e con pasado en equipos como Racing de Ferrol, San Tirso, Atlético Arteixo, e Club Silva S.D; chega procedente dos Franklin Pierce University Ravens, onde se proclamou campión estatal da División II da National Collegiate Athletic Association.
Seguros de que nos aportará moito de hoxe en diante, e agradecendo a súa confianza no noso proxecto, agardamos que sexa unha tempada frutífera para el e tamén para nós.
En As Somozas a 20 de Decembro de 2.023