Fran Beade non continuará como adestrador da Unión Deportiva Somozas.
A Unión Deportiva Somozas e o adestrador ferrolán Fran Beade separan os seus camiños.
Deste xeito, chega á fin un periplo de traballo de dúas tempadas e media; primeiro formando parte do corpo técnico inmediatamente anterior á súa asunción do posto e logo, como dicimos, sendo o propio Fran o comandante dos nosos.
Fran tomou as rendas do equipo en Febreiro do 2.023 e acadou a permanencia do equipo en 3ª RFEF para a presente tempada; e dirixiu aos nosos dende entón ata o punto no que nos atopamos agora.
12 triunfos, 4 empates e 15 derrotas, son os números que deixan os 31 encontros nos que Fran estivo á fronte da nosa plantilla.
Así, despedimos a un gran adestrador e unha persoa dun nivel extraordinario.
So podemos amosar o noso máis profundo agradecemento a Fran polo seu enorme traballo, sacrificio e entrega neste tempo que estivo con nós, e desexámoslle o mellor no seu futuro.
Andrés Barcia, 2º adestrador, asumirá o posto de hoxe en diante.
*De producirse calquera novidade con respecto ao banquillo do Manuel Candocia será comunicada, en tempo e forma, mediante as canles oficiais do club.
En As Somozas, a 26 de Febreiro de 2.024