Joel López continúa con nós unha tempada máis
A dirección deportiva vén de confirmar a continuidade do zagueiro nas nosas filas logo de pecharse o acordo entre as partes para prolongar a relación contractual unha tempada máis.
Deste xeito, Joel sumará a súa segunda campaña no Manuel Candocia logo de unirse a nós o pasado verán.
27 encontros e máis de 2.500 minutos son os rexistro de Joel na tempada 23/24, sendo unha peza moi importante no noso equipo.
Seguimos contando coa seguridade de ter a Joe na nosa liña defensiva.
En As Somozas, a 07 de Xuño de 2.024