Álvaro Rey continúa con nós unha tempada máis
A dirección deportiva vén de confirmar a continuidade do atacante nas nosas filas logo de pecharse o acordo entre as partes para prolongar a relación contractual unha tempada máis.
Deste xeito, Álvaro sumará a súa primeira campaña completa no Manuel Candocia logo de unirse a nós o pasado mercado de inverno
19 encontros e máis de 1.100 minutos e un gol son os rexistros de Álvaro na tempada 23/24, resultando diferencial dende a súa incorporación.
Desborde e calidade asegurados polas bandas do Manuel Candocia.
En As Somozas, a 07 de Xuño de 2.024

