Novas

25 de Junio de 2024

Álex Ares é novo xogador da Unión Deportiva Somozas para a próxima tempada.

A dirección deportiva vén de confirmar a incorporación do mediapunta  Álex Ares (Pontedeume, 1.992) como novo xogador da Unión Deportiva Somozas para a tempada 24/25, logo de pecharse o acordo entre as partes para quedaren vencelladas.

 

Así, o talentoso futbolista de Pontedeume completa o retorno á que foi a súa casa hai xa unha década, cando formou parte do grupo de xogadores que deixaron o seu nome escrito con letras de ouro nos nosos libros de historia, nunha espectacular tempada 13/14 que remataría dándonos o campionato de liga de Tercera División e o conseguinte ascenso a Segunda División B, categoría na que Álex nos acompañou a primeira das tres tempadas que nela competimos.

 

Con pasado en equipos como C.C.D. Cerceda, S.D. Compostela, Coruxo F.C. e máis recentemente, no Zamora C.F., o eumés reforzará o noso ataque na 24/25.

 

Benvido de novo á túa casa, Álex.

 

                En As Somozas, a 25 de Xuño de 2.024

Novas Relacionadas

Patrocinador Unión Deportiva Somozas: Construcciones Guerreiro Somozas
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: SOGARISA UTE PMA CONTECO SERVICIOS AMBIENTALES
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: CONCELLO AS SOMOZAS
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: Portal de transparencia
Unión Deportiva Somozas

Aviso legal | Mapa web

Aviso legal | Mapa web

Politica de privacidade

Contacto

Usamos cookies propias e de terceiros para elaborar información estatística e mostrarlle publicidade personalizada mediante a análise da súa navegación, de acordo co nosa política de cookies. O usuario ten a posibilidade de Configurar cookies.

Aceptar todas