Novas

09 de Julio de 2024

Pep Caballé é novo xogador da Unión Deportiva Somozas para a próxima tempada

A dirección deportiva vén de confirmar a incorporación do atacante Pep Caballé (Maó, 1.990) como novo xogador da Unión Deportiva Somozas para a tempada 24/25, logo de pecharse o acordo entre as partes para quedaren vencelladas.

 

Chega procedente do S.D. Compostela, onde estivo a tempada 23/24.

 

Logo dun paso dunha tempada pola canteira do F.C. Barcelona, formouse nas categorías inferiores do U.E. Cornellá, onde desenvolvería gran parte da súa carreira. Recalou tamén en equipos como U.D. Ibiza, ou S.D. Compostela.

 

Foi no Racing Club de Ferrol onde acadou os seus maiores logros, chegando a conquerir co conxunto departamental o ascenso ao fútbol profesional na 22/23.

 

Xogador de sobrada experiencia e dun nivel diferencial, que nos aportará moito fútbol nesta nova tempada.

 

Agradecendo a súa confianza no noso proxecto, desexámoslle o mellor nesta nova etapa da súa carreira.

 

Benvido á túa casa, Pep

 

            En As Somozas, a 09 de Xullo de 2.024

Novas Relacionadas

Patrocinador Unión Deportiva Somozas: Construcciones Guerreiro Somozas
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: SOGARISA UTE PMA CONTECO SERVICIOS AMBIENTALES
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: CONCELLO AS SOMOZAS
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: Portal de transparencia
Unión Deportiva Somozas

Aviso legal | Mapa web

Aviso legal | Mapa web

Politica de privacidade

Contacto

Usamos cookies propias e de terceiros para elaborar información estatística e mostrarlle publicidade personalizada mediante a análise da súa navegación, de acordo co nosa política de cookies. O usuario ten a posibilidade de Configurar cookies.

Aceptar todas