Sergio Otero é novo xogador da Unión Deportiva Somozas para a próxima tempada.
A dirección deportiva vén de confirmar a incorporación do mediocampista Sergio Otero (As Pontes, 2.000) como novo xogador da Unión Deportiva Somozas para a tempada 24/25, logo de pecharse o acordo entre as partes para quedaren vencelladas.
Chega procedente do C. Silva S.D., onde estivo parte da tempada 23/24.
Formado na canteira do Racing Club de Ferrol, conta con experiencia na Preferente Galega, onde competíu co C.D. As Pontes, e tamén na terceira, con pasado en equipos como C.S.D. Arzúa, Viveiro C.F. e o propio C. Silva S.D.
Xogador novo e con calidade. Estamos seguros de que nos aportará o mellor do seu fútbol.
Agradecendo a súa confianza no noso proxecto, desexámoslle o mellor nesta nova etapa da súa carreira.
Benvido á túa casa, Sergio
En As Somozas, a 10 de Xullo de 2.024