Novas

21 de Mayo de 2025

Jorge Longueira non continuará na Unión Deportiva Somozas a próxima tempada

No día de hoxe péchase a etapa do zagueiro coruñés defendendo as nosas cores.

Chegado o pasado verán ao Manuel Candocia procedente do C. Silva S.D., Jorge disputou máis de 2.000 minutos, sendo importante e contribuíndo deste xeito á consecución da nosa permanencia un ano máis en 3ª R.F.E.F. e converteu unha anotación.

Esta marcha está suxeita a motivos persoais do xogador, que non podemos facer máis que atender e respectar; do mesmo xeito, queremos amosar o noso sinceiro agradecemento polo seu traballo e entrega neste tempo e desexarlle o mellor no futuro, persoal e profesional.

 

 

                                                                                              En As Somozas, a 21 de Maio de 2.025


Novas Relacionadas

Patrocinador Unión Deportiva Somozas: CONCELLO AS SOMOZAS
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: Portal de transparencia
Unión Deportiva Somozas

Aviso legal | Mapa web

Aviso legal | Mapa web

Politica de privacidade

Contacto

Usamos cookies propias e de terceiros para elaborar información estatística e mostrarlle publicidade personalizada mediante a análise da súa navegación, de acordo co nosa política de cookies. O usuario ten a posibilidade de Configurar cookies.

Aceptar todas