Novas

28 de Mayo de 2025

Iván Guerrero é novo xogador da Unión Deportiva Somozas para a próxima tempada.

A dirección deportiva vén de confirmar a incorporación de Iván Guerrero, (Ferrol, 2.001) como o primeiro reforzo do noso plantel de cara á próxima tempada, logo de pecharse o acordo entre as partes para quedaren vencelladas.

 

Desempeñándose na demarcación de lateral dereito, pasou por equipos coma o R.C. Deportivo, o Ourense C.F. e, máis recentemente, o Bergantiños F.C.

 

Estamos seguros de que aportará o mellor do seu fútbol na procura dos obxectivos que a partires de agora nos son comúns.

 

Agradecendo a súa confianza no noso proxecto, desexámoslle o mellor.

 

 

                                                              En As Somozas, a 28 de Maio de 2.025


Novas Relacionadas

Patrocinador Unión Deportiva Somozas: CONCELLO AS SOMOZAS
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: Portal de transparencia
Unión Deportiva Somozas

Aviso legal | Mapa web

Aviso legal | Mapa web

Politica de privacidade

Contacto

Usamos cookies propias e de terceiros para elaborar información estatística e mostrarlle publicidade personalizada mediante a análise da súa navegación, de acordo co nosa política de cookies. O usuario ten a posibilidade de Configurar cookies.

Aceptar todas