Manu Mariña continúa defendendo a nosa camiseta unha tempada máis.
A dirección deportiva vén de confirmar a continuidade do zagueiro nas nosas filas na tempada 25/26, logo de pecharse o acordo entre as partes para prolongar a súa relación contractual durante o mencionado período.
Deste xeito, o defensor de Moeche cumprirá a que será a súa cuarta tempada no Manuel Candocia.
30 partidos disputados e máis de 2.200 minutos, son os números de Manu a pasada tempada.
Aseguramos traballo, liderado e veteranía na nosa liña defensiva coa continuidade dun dos nosos capitáns.
En As Somozas, a 31 de Maio de 2.025

