Joel continúa defendendo a nosa camiseta unha tempada máis.
A dirección deportiva vén de confirmar a continuidade do zagueiro nas nosas filas na tempada 25/26, logo de pecharse o acordo entre as partes para prolongar a súa relación contractual durante o mencionado período.
Deste xeito, o defensor ferrolán sumará a súa terceira tempada no Manuel Candocia.
22 partidos disputados e máis de 1.600 minutos, son os números de Joel a pasada tempada.
Aseguramos a continuidade dun xogador diferencial nas súas tarefas.
En As Somozas, a 03 de Xuño de 2.025

