Adrián Suárez é novo xogador da Unión Deportiva Somozas para a próxima tempada.
A dirección deportiva vén de confirmar a incorporación de Adrián Suárez, (A Coruña, 2.003) como novo reforzo do noso plantel de cara á próxima tempada, logo de pecharse o acordo entre as partes para quedaren vencelladas.
Desempeñándose na demarcación de guardameta, chega procedente do San Tirso S.D., equipo co que disputou a promoción de ascenso a pasada tempada, ademais de xogar tamén a primeira eliminatoria da Copa del Rey, diante do R.C.D. Espanyol.
Co conxunto coruñés disputou máis de 3.500 minutos repartidos en 40 partidos.
Sumamos xuventude e competitividade para defender o arco do Manuel Candocia.
Agradecendo a súa confianza no noso proxecto, desexámoslle o mellor.
En As Somozas, a 4 de Xuño de 2.025

