Iñaki Leonardo continúa defendendo a nosa camiseta unha tempada máis.
A dirección deportiva vén de confirmar a continuidade de Iñaki Leonardo nas nosas filas na tempada 25/26, logo de pecharse o acordo entre as partes para prolongar a súa relación contractual durante o mencionado período.
Deste xeito o atacante Ferrolán cumprirá a súa segunda tempada no Manuel Candocia.
Na pasada campaña, Iñaki disputou máis de 2.800 minutos repartidos en 33 encontros, asinando 2 goles.
En As Somozas, a 05 de Xuño de 2.025.

