Álvaro Rey non continuará na Unión Deportiva Somozas a próxima tempada.
Chega ao final a etapa de Álvaro no Manuel Candocia.
Fichado no mercado de inverno da tempada 23/24, despedímonos de Álvaro, un ano e medio despois.
47 partidos, 2 goles e máis de 2.800 minutos son os números que deixa o atacante de Cabanas tralo seu paso polo Manuel Candocia.
Amosando o noso profundo agradecemento polo seu traballo e a profesionalidade coa que defendeu o noso escudo.
Non podemos facer máis que desexarlle o mellor no futuro, profesional e persoal.
En As Somozas, a 05 de Xuño de 2.025

