Juan Cambón continúa defendendo a nosa camiseta unha tempada máis.
A dirección deportiva vén de confirmar a continuidade de Juan Cambón nas nosas filas na tempada 25/26, logo de pecharse o acordo entre as partes para prolongar a súa relación contractual durante o mencionado período.
Deste xeito, o dianteiro de Sada cumprirá a súa cuarta tempada no Manuel Candocia.
Na pasada tempada, o capitán disputou máis de 2.000 minutos repartidos en 28 encontros, nos que asinou 10 goles, sendo unha das pezas chave para acadar os nosos obxectivos.
En As Somozas, a 13 de Xuño de 2.025