Paco non continuará na Unión Deportiva Somozas a próxima tempada.
Chega ao final a segunda etapa de Paco no Manuel Candocia.
Logo dun primeiro período dunha tempada na 12/13, o meta ferrolán voltou con nós na 22/23, sendo importante nas dúas etapas e salientando grandes actuacións ao longo destas últimas tres campañas. Axudándonos sempre para acadar os nosos obxectivos.
En total, Paco deixa tras de sí 84 aparicións entre os paus do Manuel Candocia.
Non podemos facer máis que agradecer todo canto puxo por e para o equipo neste tempo, e desexarlle a mellor das sortes e moito éxito nos proxectos que enfronte de aquí en diante.
En As Somozas a 03 de Xullo de 2.025