Martín non continuará na Unión Deportiva Somozas a próxima tempada.
Chega ao final a etapa de Martín no Manuel Candocia.
Fichado na tempada 23/24, no día de hoxe chegan á súa fin dúas tempadas nas que o atacante de Soutomaior sumou un total de 56 partidos disputados, anotando un total de 10 goles, sendo no último tramo da 24/25, cando a situación se puxo complicada, o momento no que Martín asinou as súas mellores actuacións, demostrando o seu mellor nivel.
Amosando o noso maior agradecemento polo seu traballo e entrega nestes dous últimos cursos, desexámoslle o mellor no futuro.
En As Somozas, a 03 de Xullo de 2.025