Pablo Ramos é novo xogador da Unión Deportiva Somozas para a segunda metade da tempada.
A dirección deportiva vén de confirmar a incorporación de Pablo Ramos, (Ferrol, 1995) como novo xogador da Unión Deportiva Somozas, logo de pecharse o acordo entre as partes para quedaren vencelladas.
O atacante ferrolán incorpórase á nosa disciplina logo de competir no Atlético Arteixo dende a tempada 19/20, e ata a 24/25 nas filas do Atlético Arteixo.
Estamos seguros de que nos aportará o mellor do seu fútbol, para axudarnos a acadar os nosos obxectivos.
Agradecendo a súa confianza no noso proxecto, desexámoslle o mellor.
En As Somozas, a 08 de Xaneiro de 2.026.

