Iván Dopico continúa con nós unha tempada máis.
A dirección deportiva vén de confirmar a continuidade de Iván Dopico logo de pecharse o acordo entre as partes para prolongar a relación contractual unha tempada máis.
Deste xeito o zagueiro larachés sumará a súa segunda campaña defendendo a nosa camiseta.
Case 2.000 minutos de xogo repartidos en 25 encontros na pasada tempada, avalan a renovación dunha peza importante na nosa liña defensiva.
En As Somozas, a 14 de Xuño de 2.026.

