Lucas Fanego continúa con nós unha tempada máis.
A dirección deportiva vén de confirmar a continuidade de Lucas Fanego, logo de pecharse o acordo entre as partes para prolongar a relación contractual unha tempada máis.
Deste xeito, o atacante vicedense sumará a súa segunda campaña nas nosas filas.
Importante nos nosos esquemas a tempada pasada, sumou preto de 2.400 minutos de xogo participando nos 34 partidos de liga, nos que acadou 3 goles.
En As Somozas, a 18 de Xuño de 2.026.

