Novas

20 de Agosto de 2021

Presentamos a campaña de abonos da 21 - 22. Un ano no que queremos ser AIlusiónDunPobo.

A Unión Deportiva Somozas é un clube pequeno en infraestrutura se o comparamos con outros equipos da contorna, ou con aqueles cos que nos enfrontamos nos anos nos que pasamos pola Segunda División B, pero hai algo no que poucos nos poden superar: No esforzo e traballo de cada día para que ao acudir ao Candocia cada domingo, o fagades coa certeza de que o daremos todo no campo para brindarvos unha vitoria e darvos unha pequena alegría, que falta fan nos tempos que corren.

Na última tempada, estivemos a noventa minutos de conseguir o ascenso de categoría, e este ano estamos preparados para pelexar cada partido e se se da a ocasión, buscar de novo obxectivos altos.

Nós temos moita ilusión posta nesta tempada, e esperamos que ti tamén a teñas. É por iso que na 21/22 queremos ser #AIlusiónDunPobo.


Podes tramitar o teu abono en liña: https://www.udsomozas.com/Abonos/

Para consultar calquera tipo de dúbida que poidades ter, podedes chamar ás oficinas do clube:

Teléfono: 699 16 99 94
Horario: L - V 10:00h. - 14:00h.


Novas Relacionadas

Patrocinador Unión Deportiva Somozas: Construcciones Guerreiro Somozas
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: SOGARISA UTE PMA CONTECO SERVICIOS AMBIENTALES
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: CONCELLO AS SOMOZAS
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Unión Deportiva Somozas

Aviso legal | Mapa web

Aviso legal | Mapa web

Politica de privacidade

Contacto

Usamos cookies propias e de terceiros para elaborar información estatística e mostrarlle publicidade personalizada mediante a análise da súa navegación, de acordo co nosa política de cookies. O usuario ten a posibilidade de Configurar cookies.

Aceptar todas