Novas

02 de Septiembre de 2021

"Parece que la idea que estamos intentando transmitir desde el cuerpo técnico está calando".


Ao remate do encontro disputado na tarde de onte no Manuel Candocia, no que superamos a semifinal da fase autonómica da Copa RFEF, gañando (3-1) sobre un gran Estrandense, Marco Roca atendeu aos medios do club para facer balance do que foi o partido. Estas son as declaracións máis destacadas do preparador pontés:

 

O contexto do partido.

Marco Roca quixo poñer en valor o xeito de competir do equipo e as boas sensacións que lle deixan os seus, tanto na faceta defensiva como no xogo ofensivo; actuando sempre como bloque e quixo destacar que “Parece que la idea que estamos intentando transmitir desde el cuerpo técnico está calando”.

Tendo en conta que o equipo ven dun parón a causa da covid e que varios xogadores retomaron o traballo este pasado luns, di que “La valoración en ese aspecto es muy positiva”

 

O traballo das últimas incorporacións.

Jesús Cañizares, Adrián Maroñase Álex Del Río foron as últimas pezas en incorporarse ao equipo e tamén foron obxecto do análise por parte do noso míster: Destaca en primeiro lugar o moi bo nivel ao que xogaron os tres futbolistas; facendo fincapé nas actuacións de Adrián Maroñas; do que destaca que “Estuvo atento a las coberturas, concentrado en fase de iniciación y ha hecho un partido muy bueno”.

Ao referirse ao encontro do medio póntes “Cañi” salienta que “Nos costó un poquito más encontrarlo, pero ha dejado ya detalles de lo que nos puede dar”.

Subliña tamén varias cualidades de Álex Del Río: O seu físico diferencial, os seus desmarques na zona de ataque e di que “Es un chico que nos va a dar cosas diferentes y del que esperamos mucho”.

Análise do partido

Con respecto ao que foi o propio partido, fala dun rival moi duro e competitivo que ten un estilo moi definido cun bloque que leva traballando varias tempadas con Alberto Mariano e considera que “Creo que hemos competido muy bien y no han encontrado espacios”.

Alaba a capacidade dos seus pupilos para conter ao equipo rival na primeira parte, cando tiveron os seus mellores momento, ata o punto de darlle a volta á situación con aproximacións e tendo máis a posesión da pelota.

 

Da segunda metade di que a pesar de que o rival tivo algúns minutos nos que atacou, “En líneas generales estuvimos nosotros mejor, llevamos el peso del partido”.

Cree que “Hace justicia el marcador, hicimos méritos para ganar el partido”.

Como reflexión final, salienta a igualdade da primeira parte, así como tamén cree ter “Demostrado un poquito más que el Estradense” na segunda parte.

Moi satisfeito e con sensación de equipo, recalca de novo a aportación das novas incorporacións e bo nivel do conxunto do equipo.

Marco Roca xa pensa na cuarta cita de pretemporada, enmarcada na final da fase autonómica da Copa RFEF, e pecha a súa comparecencia coa frase que resume perfectamente este mércores: “Un buen día para el Somozas”.


Patrocinador Unión Deportiva Somozas: Construcciones Guerreiro Somozas
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: SOGARISA UTE PMA CONTECO SERVICIOS AMBIENTALES
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: CONCELLO AS SOMOZAS
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Unión Deportiva Somozas

Aviso legal | Mapa web

Aviso legal | Mapa web

Politica de privacidade

Contacto

Usamos cookies propias e de terceiros para elaborar información estatística e mostrarlle publicidade personalizada mediante a análise da súa navegación, de acordo co nosa política de cookies. O usuario ten a posibilidade de Configurar cookies.

Aceptar todas