Envío de roupa de abrigo dende As Somozas a Ucraína
Dende a Unión Deportiva Somozas non somos alleos á situación do pobo ucraíno, é por iso que mediante a ASOCIACIÓN GALEGA DE AXUDA A UCRAÍNA vimos de facer entrega de dez caixas de material téxtil, na súa maioría roupa de abrigo, con destino a Ucraína para axudar na medida do posible ao pobo ucraíno na complicada situación que se viron obrigados a afrontar.
AGA – Ucraína ten repartidos por toda a xeografía galega diferentes puntos para a recollida de calquera tipo de aportación que poda servir de axuda.
Convidámosvos a que olledes a súa páxina en Facebook, onde poderedes atopar información máis concreta de todo o que se precisa, así como dos diferentes xeitos de colaboración que teñen habilitados.