Cambios no corpo técnico para a próxima tempada.
Logo de chegar a acordo entre a entidade e as partes, podemos anunciar que o corpo técnico da U.D. Somozas para a próxima tempada quedará composto, con Marco Roca á cabeza, por Fran Beade, Santi Exposito e William Blundell.
Por outra banda, queremos agradecer o seu traballo e a súa profesionalidade a José Antonio Vázquez, quen foi o noso analista a pasada campaña, e que non continuará na nosa entidade a próxima tempada.
En As Somozas a 14 de Xuño de 2.022.