Novas

03 de Julio de 2022

Marcos Souto non continuará con nós a próxima tempada.

No día de hoxe faise oficial a baixa dun dos futbolistas máis importantes que pisaron o céspede do Manuel Candocia nos últimos anos. Marcha un dos nosos capitáns.

 

Marcos Souto non continuará defendendo a nosa portería a tempada 22/23.

 

O gardamallas cedeirés chegou a ás Somozas na tempada 18/19 procedente do Racing Club Villalbés e pouco a pouco, fíxose indiscutible nos onces iniciais de todos os adestradores que pasaron polo noso banco dende a súa chegada.

 

Péchanse catro tempadas nas que Marcos se consagrou como un dos mellores de Galicia, facendo grandes actuacións que nos serviron en gran medida para chegar a quedar preto de acadar os nosos obxectivos.

 

O contador de partidos nos que "Sou" defendeu a zamarra #1 do noso clube parouse en 83 recibindo outros tantos goles.

 

Agradecidos co seu incansable traballo todos estes anos, só podemos desexarlle o mellor no seu futuro persoal e profesional.

 

En As Somozas a 03 de Xullo de 2.022.


Novas Relacionadas

Patrocinador Unión Deportiva Somozas: Construcciones Guerreiro Somozas
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: SOGARISA UTE PMA CONTECO SERVICIOS AMBIENTALES
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: CONCELLO AS SOMOZAS
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Unión Deportiva Somozas

Aviso legal | Mapa web

Aviso legal | Mapa web

Politica de privacidade

Contacto

Usamos cookies propias e de terceiros para elaborar información estatística e mostrarlle publicidade personalizada mediante a análise da súa navegación, de acordo co nosa política de cookies. O usuario ten a posibilidade de Configurar cookies.

Aceptar todas