Marco Roca non continuará na Unión Deportiva Somozas.
O adestrador pontés Marco Roca non seguirá á
fornte do banquiño do Manuel Candocia.
Ponse fin deste xeito á relación laboral do técnico e a nosa entidade logo de dirixir 56 partidos que se saldan cun balance de 26 triunfos, 13 empates e 17 derrotas; disputando o playoff de ascenso á 2ª RFEF a pasada campaña.
Amosando o noso total e absoluto agradecemento pola súa máxima entrega, compromiso e incansable traballo neste tempo que defendeu as nosas cores, desexámoslle o mellor para o futuro.
En As Somozas a 19 de Febreiro de 2.023