O coruñés non continuará na U.D. Somozas a próxima tempada.
O centrocampista Aarón Sánchez non formará parte da nosa escadra de cara á próxima campaña, pechando así un periplo dunha tempada no Manuel Candocia, sendo un home chave, máximo goleador con 7 tantos, no peche da permanencia dos nosos na 3ª RFEF.
Amosando o noso agradecemento polo seu compromiso e traballo con nós esta tempada que vimos de rematar, só nos queda desexarlle o mellor nos novos retos que afrontará de aquí en diante.
En As Somozas a 02 de Xuño de 2.023