Novas

27 de Enero de 2026

Dani Sánchez non continuará na Unión Deportiva Somozas.

Logo de dúas tempadas e media, chega ao fin a etapa de Dani Sánchez nas nosas filas. 


Chegado na tempada 23/24 dende o Racing Club de Ferrol, Dani participou nun total de 33 partidos, anotando 1 gol. .


Ben é certo que nesta tempada as cousas non se deron todo o ben que quixeramos ningunha das partes, a causa das lesións que aqueixaron ao ferrolán case dende o principio da mesma, máis o traballo e compromiso coa entidade nunca faltaron.


Agora, por motivos persoais que atendemos e respectamos, despedimos un xogador de moitísima calidade no futbolístico, pero máis se cabe no eido persoal. 


Dende aquí, só podemos desexarlle todo o mellor no futuro e agradecer todo o que deu de sí en beneficio do club neste tempo.



         En As Somozas, a 27 de Xaneiro de 2.026

Novas Relacionadas

Patrocinador Unión Deportiva Somozas: CONCELLO AS SOMOZAS
Patrocinador Unión Deportiva Somozas: Portal de transparencia
Unión Deportiva Somozas

Aviso legal | Mapa web

Aviso legal | Mapa web

Politica de privacidade

Contacto

Usamos cookies propias e de terceiros para elaborar información estatística e mostrarlle publicidade personalizada mediante a análise da súa navegación, de acordo co nosa política de cookies. O usuario ten a posibilidade de Configurar cookies.

Aceptar todas