O capitán, continúa unha tempada máis defendendo a nosa camiseta.
A dirección deportiva vén de confirmar a continuidade de Asier nas nosas filas, logo de pecharse o acordo entre as partes para prolongar a relación contractual unha tempada máis.
Deste xeito, o de Oleiros cumprirá a súa sexta campaña nas nosas filas.
Unha anotación, 30 partidos e máis de 2.000 minutos de xogo; uns números que falan por si mesmos e dan boa conta da importancia do lateral dentro do noso equipo.
En As Somozas, a 08 de Xuño de 2.026

